A dirixente dos populares lucenses fixo esta valoración no transcurso do #EspazoAbertoPopular que, na xornada de hoxe, contou co relatorio É válida unha lei de amnistía?, impartido polo Catedrático de Dereito Constitucional da USC, José Julio Fernández Rodríguez
Lugo, 28 de setembro de 2023. A presidenta provincial, Elena Candia, destaca que “a división do PSOE no país tamén se traslada á provincia de Lugo. No Vicedo abstivéronse na votación a unha futura lei de amnistía”, advertíu. A máxima dirixente dos populares lucenses amosouse crítica coa situación política xerada polo sanchismo, pois, dixo, “o único que cambiou desde que o Goberno a rexeitaba rotundamente ata apoiala, tal e como acabamos de ver esta mesma semana, é que Pedro Sánchez perdeu as eleccións e válelle todo con tal de seguir sendo presidente”.
Pola contra, afirmou, “Alberto Núñez Feijóo lidera un proxecto político cos valores da dignidade, da igualdade e da liberdade”. “O seu liderado é incuestionable. Saíu moi forte do debate, polo que non lle caiba a menor dúbida ao socialismo que seguirá traballando pola España que queren a maioría dos españois”, insistíu.
É é que tan só o 6% dos votantes españois son independentistas; unha porcentaxe, dixo, “que non pode condicionar a gobernabilidade deste país e facelo por riba da lei”.
“O descontento socialista coa unilateralidade sanchista é unha realidade que se extrapola de Madrid ata ás Comunidades e mesmo aos concellos. Vímolo no Vicedo e moito me temo que non será o único municipio”. Por este motivo, Elena Candia, “e porque os grandes avances en España viñeron da man de acordos de PP e PSOE”, pon en valor que na nosa provincia haxa “algún socialista con sentido común”.
A dirixente dos populares lucenses fixo esta valoración no transcurso do #EspazoAbertoPopular que, na xornada de hoxe, contou co relatorio É válida unha lei de amnistía?, impartido polo Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, José Julio Fernández Rodríguez.