No obradoiro “Xove Ponte en Forma”, que se vai desenvolver na aula multideportiva do Concello, haberá as seguintes actividadeas
XIMNASIA DE MANTEMENTO
Luns de 11:30 a 12:15 h.
Venres de 10:30 a 11:15 h.
AEROBIC & FULL BODY
Luns e mércores de 10:30 a 11:15 h.
PILATES I
Martes e xoves de 10:30 a 11:15 h.
PILATES II
Martes e xoves de 11:30 a 12:15 h.
XIMNASIA NA AUGA PARA MAIORES (na Piscina Municipal)
Mércores e Venres de 11:30 a 12:15 h.
O luns 2 de outubro dá comezo o obradoiro de ioga con cinco grupos. Serán impartidas na antiga casa do director do colexio, cun grupo os luns e mércores de 17:30 a 19:00 h., e o resto serán os martes e os xoves en horarios de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00 horas.
O martes, día 3, dará comezo o obradoiro de bordado con dous grupos, os martes e xoves de 16:30 a 18:30 h.
O mércores día 4 dará comezo o obradoiro de bolillos con dous grupos, un as 15:00 h. e outro as 17:00 h.
Ambos obradoiros (bordados e bolillos) vanse desenvolver nas instalacións municipais da Avenida Deputación.