Os traballos provocarán algúns cambios no trafico
Viveiro, 22 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro informa de que este luns, día 25 de setembro, comezan as obras de substitución do colector de saneamento na Avenida de Galicia.
A finalidade desta obra é eliminar un punto de vertido que se localiza na estación de autubuses, como consecuencia do estado no que se atopa a rede de saneamento municipal, polo que se vai substituir un tramo de colector na Avenida de Galicia.
O emprazamento destas obras localízase na intersección de Avenida de Galicia coa Avenida de Cervantes.
No inicio das obras, os usuarios que estacionan na explanada do Porto de Viveiro terán que facer a súa saída por detrás da estación de autobuses, incorporándose á rotonda da Oficina de Turismo. Pode haber ademais posibles retencións, polo que o concello pide desculpas polas molestias ocasionadas.