O centro social burelao Xebra! acolle este sábado 23 de setembro, ás 22:30h, o seu primeiro evento deste curso despois dun descanso estival. O grupo Cazacús, da Guarda, ofrecerá un concerto para presentar o seu novo álbum Lume, un LP que mestura reminiscencias de punk británico e rock vasco e galego dos anos 90 e 2000. O centro social abrirá as súas portas a partir das 20:30 horas. A entrada custará 5 euros para as persoas socias e 6 para as non socias.