Site icon Crónica3.com A Mariña

As sesións de ioga infantil foron unha das actividades de máis éxito e demanda neste verán en Cervo

Foron impartidas, nos meses de xullo e agosto, pola especialista Nuria Torrado, no Pavillón da Veiga, dentro dos programas Cervo Concilia e Enredando no Verán. As vantaxes do ioga nestas idades son infinitas: Axuda a fortalecer os músculos, a gañar flexibilidade e equilibrio, contribúe a mellorar a concentración, axuda a adquirir conciencia do propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes ou estimula a súa creatividade e imaxinación.

Exit mobile version