A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos presentando esa intensa axendiña para dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final. Trátase dun mercado moi diversificado, onde reina o produto da horta, pero onde tamén podemos atopar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces e ata cervexas artesas”.
A edil ribadense contou que “o vindeiro domingo, 24 de setembro, os pícaros e as pícaras ocuparán o mercado. A programación inclúe unha xincana Alimentos da nosa terra, a cargo de Eo Alimenta. E tamén teremos un concerto de Joni Ramos”.
Saiz anima a acudir ao Mercado dos Domingos: “un domingo máis animamos a acudir a esta cita e a consumir produtos frescos, de gran calidade e procedentes da nosa zona”.