Nel repasa a historia deste artista e dos seus descendentes. Xosé Rivas era natural de Riotorto e de alí marchou para Santiago. No seu taller dedicouse a esculpir numerosas obras, fundamentalmente imaxes relixiosas, que están repartidas por distintos lugares de Galicia, de España e mesmo de América.
Na Mariña, destaca a Virxe do Carme de Foz. Son da súa autoría tamén parte das imaxes da Semana Santa de Viveiro e outras repartidas polas igrexas de Celeiro, de Landrove, de San Francisco ou do convento de Valdeflores. Tamén podemos atopar esculturas realizadas por esta familia en Burela,
Fóra de Galicia, sobresaen especialmente as imaxes da Semana Santa de Daimiel (Cidade Real), declarada Festa de Interese Turístico Rexional e xa, a nivel internacional, as obras que a familia esculpiu atópanse en Bos Aires (Arxentina), Sao Paulo (Brasil) ou Filadelfia (EEUU).
O IES Perdouro e a Asociación Cultural Os Matos, da que Antón Niñe é presidente de honra, organizan esta presentación aberta a todo o público.