Esta asociación comezou a concienciar á sociedade durante os meses de verán coa campaña “Lémbrate de min”, na que os usuarios da entidade elaboraron pulseiras solidarias que, xunto con información sobre os principais sinais de alarma do Alzheimer, se puxeron á venda en 14 establecementos pertencentes á Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela (ACIA). A campaña foi un éxito, logrando vender máis de 800 pulseiras. AFAN Burela quere agradecer a ACIA a súa colaboración para levar a cabo este proxecto.
O seguinte acto programado por AFAN Burela coa colaboración das Concellarías de Servizos Sociais e de Cultura terá lugar o vindeiro Mércores, 13 de setembro, ás 17:00h no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, onde Alejandro Seral presentará a súa novela “Morir dos veces”. Un libro emotivo, con un enfoque valente e esperanzador sobre cómo o autor afrontou a enfermidade do seu pai, diagnosticado de Alzheimer aos 42 anos.
Os actos centrais da Asociación terán lugar o Xoves, 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer. Ese día, AFAN Burela estará presente no Centro de Saúde da localidade e no Hospital da Mariña con mesas informativas onde dará a coñecer a súa labor e proporcionará información sobre as demencias e a súa problemática. Así mesmo, nas mesas informativas terán dispoñibles bolsas de tea bordadas á man por numerosas persoas voluntarias de toda a contorna para conmemorar este día, así como sacos térmicos e pulseiras solidarias. O Concello de Burela tamén iluminará a súa fachada de cor verde en solidaridade con todos os afectados.
Finalmente, a asociación iniciará no mes de outubro, coa colaboración da Federación de Alzheimer de Galicia e a Fundación Barrié, o proxecto de sensibilización “Divulgamente” a través do cal o presitixioso investigador galego Carlos Spuch acudirá a Burela a impartir unha charla divulgativo-científica ao alumnado de Bacharelato e Formación Profesional da rama sociosanitaria para que coñezan máis polo miúdo cómo funciona o noso cerebro, qué son as demencias e qué se está investigando sobre as mesmas.