Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día. O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o día 30 de setembro e pódese facer a reserva a través das solicitudes que se atopan na páxina web do Concello www.xove.es e enviándoas por correo electrónico a encontropalilleiras@xove.es