Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da presente exacción efectuarase mediante padrón que se aprobará unha vez finalizado o período de matrícula, liquidándose o prezo polo sistema de recibo, sendo a domiciliación bancaria o xeito preferente de abono do prezo”.
Esta preinscrición é para novos alumnos. Os que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2022/2023 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.