Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta lembra ao Concello da Pastoriza as axudas ás que pode optar para incrementar o parque público de vivendas no municipio

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo reuniuse co alcalde da localidade

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023. O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, expúxolle ao alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, as diferentes axudas en materia de vivenda que a Xunta de Galicia pon á disposición dos concellos galegos.

A Xunta ofrece aos concellos de menos de 20.000 habitantes axudas para que poidan constituír un parque público de vivendas de titularidade municipal rehabilitando vivendas ou inmobles propiedade do concello para destinalas ao alugueiro social. Os concellos poden recibir do IGVS unha axuda de ata o 95 por cento do custo da rehabilitación, co límite de 50.000 euros por vivenda (55.000 no caso de que a vivenda se atope en ámbito histórico ou do Camiño de Santiago).

Ademais, os concellos de menos de 10.000 habitantes poden recibir axudas de ata 15.000 euros por vivenda para a reparación de infravivendas, tanto de propiedade municipal como privadas.

Finalmente, o director xeral do IGVS indicou que este organismo tamén financia as actuacións de rehabilitación realizadas polos concellos con préstamos sen xuros a devolver nun prazo máximo de oito anos.

Finalmente, na xuntanza o IGVS ofreceu ao concello o seu asesoramento de cara á posible ampliación do parque empresarial da localidade. Con tal fin, o IGVS colaborará co concello na análise da situación actual do parque empresarial, a viabilidade da ampliación e as posibles fórmulas que pode empregar a administración local para a execución da mesma.

Exit mobile version