Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inicia a execución de actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de catro regos no concello de Lourenzá

A entidade hidráulica da Xunta continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, iniciou hoxe as actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano de catro regos, no concello de Lourenzá.

Estas tarefas están a levarse a cabo nos treitos interurbanos dos regos de Batán, de Recemil, de Arroxo e no rego de Baus.

Os traballos desenvolveranse nunha lonxitude de preto de máis de 11,7 quilómetros, no percorrido destes regos por distintos lugares do municipio.

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os regos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Exit mobile version