A compañía navarra Levelibular presentou o seu espectáculo de novo circo e acrobacia Portamundo. O programa de intercambio cultural de artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra regresará á provincia de Lugo o vindeiro 1 de outubro, coa representación en Ribadeo de Lear en las catedrales, de Ábrego Teatro (Cantabria). Para máis información, pódese consultar o espazo web www.escenanorte.com