Viveiro, 30 de setembro, 2023. Durante a fin de semana do 6 ao 8 de outubro, un grupo de estudiantes do Máster de Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela embarcarase nun desafío innovador: transformar a realidade de A Mariña, un territorio na busca dun novo modelo de cidade rural-urbana baseado no desenvolvemento sostible.
Comunidades de Impacto, é o nome da iniciativa que aúna un grupo de organizacións de empresas e organizacións territoriais, traballa na identificación e resolución de desafíos sistémicos a nivel local. Este proyecto busca fomentar a aprendizaxe permanente, propoñer solucions e procesos transformadores, e crear novas conexións entre persoas, empresas e organizacións para impulsar o desenvolvemento sostible na comarca.
O Reto de A Mariña
O territorio de A Mariña, comezando por Viveiro, é coñecido e valorado pola súa beleza natural e as tradicións culturais, aínda que tamén se enfronta a desafíos significativos. Entre estos inclúense o aporte positivo no plano social e medioambiental da actividade turística, a limitada colaboración entre diferentes organizacions, a escasa cultura emprendedora e a pérdida de poboación nova. Estos problemas motivaron a pregunta clave que se abordará durante o evento:
¿Cómo podemos activar a comunidade para que A Mariña se convirta nun novo modelo de cidade rural-urbana baseado no desenvolvemento sostible?
Itinerario do Proxecto
Antes da súa chegada a A Mariña, os estudiantes prepararánse durante a vindeira semana mediante unha formación online onde entre outras cousas realizarán unha entrevista aberta con Lucas Requejo como axente de cambio do territorio.
E xa durante a fin de semana os equipos de traballo do alumnado explorarán o territorio, entrevistando aos seus habitantes e construindo un mapa detallado dos retos e oportunidades, para así deseñar prototipos de solucións comunitarias que poderían marcar un cambio significativo en Viveiro en primeiro termo e na comarca con vindeiras accións.
Comunidades de Impacto: Transformando Territorios
Este proyecto exemplifica a misión de Comunidades de Impacto ao abordar desafíos sistémicos a nivel local e traballar dende a colaboración das diversas partes interesadas para xerar solucions sostibles e adaptadas ao contexto. A organización segue comprometida con impulsar a rexeneración a través da innovación comunitaria.
Ademáis das entidades promotoras Prato_DO e ANGARAVECA o proxecto conta co apoio de varias entidades como son a Universidad de Santiago de Compostela, a Fundación Roberto Rivas, Rural Citizen e o Concello de Viveiro e coa participación de empresas como Puerto de Celeiro S.A., López Pigueiras S.A., Asoc Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Casa Chao, Asoc Produtores de Maderistas de Viveiro e Aspanane, ademáis da colaboración especial do Cronista oficial de Viveiro Carlos Nuevo