Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30h na Praza do Concello. É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde, onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota.
Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional.
A organización quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación: A Cova, A Taberna da Galiana, A Taberna do Valeco, Abadía, Bar Castro, Bodegón A Catedral, Faragullas, O Palique, O Petisco, O Porriño, O Rei das Tartas, O Rincón de Mondoñedo e Vinoteca Segundo. Asi mesmo, ao Concello de Mondoñedo e á asociación veciña O Pasatempo xa que entre todos fan posible o evento.
Por último, recordar que todo isto enmárcase nas festas patronais que Mondoñedo celebra na honra da Virxe dos Remedios os días 8, 9, 10 e 11 de setembro.