O Vicedo, 9 de agosto, 2023. A Asociación cultural Volta e Dálle, organiza para o vindeiro domingo, día 13 de agosto, no “Teatro das Cortes” unha tarde adicada a Barriga Verde.
Ás 17:30h Proxectarase o documental “Morreu o Demo, acabouse a peseta”, de 78’ de duración, dirixido por Pedro Solla e producido por Tintimán Audiovisual. O documental amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Viravolta.
Ao longo da súa investigación conversan cos descendentes da familia Silvent, creadores do personaxe de títeres de luva, así como con outros marionetistas europeus. Ademais realízase un achegamento ao títere de luva galego, e á tradición europea da que fai parte.
A seguir, Comba Campoi (xornalista, actriz, productora do documental e investigadora de Barriga Verde) desenvolverá un debate cos asistentes sobre a película e a situación dos títeres e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade.
Ás 19:30h Larraitz Urruzola representará o espectáculo “Dona Barriga Verde” dirixido a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do títere de cachaporra da Península chega esta nova versión do
personaxe galego Barriga Verde.
Con protagonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou
a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.
A entrada será de balde.