Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro celebra este sábado o Día da cativada, que inclúe actividades para nenxs con diversidade funcional

Viveiro, 18 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro anuncia que mañá, sábado 19 de agosto, dentro da Programación das Festas Patronais, terá lugar o Día da Cativada con actividades para o público infantil que darán comezo ás 17.00 horas na explanada de Lodeiro.

“Como novidade e, dentro do noso compromiso coa igualdade e a inclusión das persoas con diversidade funcional, anunciamos que na primeira hora das actividades se realizará unha adaptación para que as nenas e nenos que, pola súa condición, teñan dificultades para integrarse en grandes grupos ou agardar turnos longos de esperar, poidan participar nas actividades con prioridade de turno, favorecendo así a súa participación”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

É aconsellable, que para facilitar o desenvolvemento da actividade, veñan identificados cunha pulseira de cor azul.

Exit mobile version