A rapazada de 3 a 16 anos poderá acudir todos os martes, xoves e sábados dende este xoves 24 de agosto ata que remate novembro, no pavillón Vilar Ponte de 11:45 a 12:45
Viveiro, 22 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro acollerá, dende este xoves 24 de agosto ata o xoves 30 de novembro, un Campus de Taekwondo gratuíto. Este desenvolverase todos os martes, xoves e sábados de 11:45 a 12:45 no pavillón Vilar Ponte ata o inicio do curso escolar, cando se proporán alternativas de horario.
A actividade inscríbese no Plan Corresponsables para favorecer a conciliación familiar. Poderá participar a rapazada de 3 a 16 anos para formarse neste deporte.
Será necesario anotarse na actividade contactando coa entidade organizadora Club Jansu, de Vilalba, a través do correo electrónico juancaqd@gmail.com ou no teléfono 651577247.