Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle do 11 ao 20 de agosto a súa Feira de Artesanía

Viveiro, 1 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación da 39ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 11 e 20 de agosto.

A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, terá este ano máis de 35 stands e a presenza de numerosos profesionais da artesanía. O deseño do cartel é de Ruth Adrio.

Como o ano pasado, este ano haberá stands efímeros, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.

Dentro dos efímeros, Lía B estará os días 11 e 12 de agosto; Bilbiricoca, o día 13; Como pez en el agua, os días 14 e 15; Qué barbaridad!, os días 16 e 17; Soledad Mato, o venres 18, e Mado Artesanía Textil, os días 19 e 20.

“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será de novo un éxito”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Exit mobile version