EFECTUADA E REXISTRADA UNHA RECLAMACIÓN QUE NON FOI SOLUCIONADA
O paciente contacta coa Plataforma Sanitaria da Mariña , que redacta e rexistra a correspondente reclamación o día 11 de xullo de 2023, con numero de entrada no rexistro 3112. A día de hoxe o paciente non tivo comunicación alguna por parte da dirección do centro nin solución ao problema que plantexa, actuando de xeito ineficaz e inefectivo diante das demandas xustas dos pacientes por mor de esperas que sobrepasan con creces o límite máximo establecido por lei, que contradicen o criterio facultativo impedindo a correcta vixiancia dos procesos patolóxicos, así como da avaliación correcta dos tratamentos coas conseguintes consecuencias para as persoas enfermas. Esiximos que se “resolva de inmediato este problema e que se instaure dunha vez por todas a normalidade nas esperas e citacións”- conclúen desde a plataforma sanitaria.