Devandito cambio desenvolverase nas seguintes áreas:
. A nivel individual, familiar, grupal e comunitario
. Cambios no contexto social, educativo e cultural da zona
Por iso, a integración da comunidade e dos seus axentes é fundamental no programa, xa que traballaremos por e con ela. Para iso, buscaremos sempre as súas potencialidades e traballaremos para colaborar na superación das súas necesidades. Así pois, tras unha análise das mesmas, levará un Plan de Acción: deseño dunha acción concreta e axustada ao territorio.
Os nosos valores son:
. Crear conciencia crítica.
. Feminismo
. Inclusión da diversidade
. Perspectiva de coidados entre os participantes.
. Participación da Infancia na comunidade.
. Perspectiva ecoloxista e de coidados do grupo
Así, este espazo colectivo que favorece o benestar integral e a transformación sociocultural a través da música está dirixdo a nenos de 7 a 12 anos. Para solicitar máis información ou facer xa a preinscripción para o este curso haberá que chamar ao 699 410 878.