O delegado territorial, Javier Arias, mantivo unha primeira xuntanza para organizar tarefas de cara ao inminente inicio do curso escolar na provincia
Lugo, 28 de agosto. Sagrario Sánchez tomou posesión esta mañá como nova xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias. A nova xefa territorial viña desenvolvendo o seu labor docente como profesora de formación profesional no CIFP As Mercedes, onde ademais estaba exercendo o cargo de vicedirectora.
A nova responsable é enxeñeira técnica industrial pola USC, no campus de Lugo, e ten un máster en Seguridade, Hixiene e Ergonomía, polos cales exerceu funcións de enxeñeira e xefa de obra en diferentes empresas da comunidade autónoma, así coma tamén posúe un ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing, que estudou no mesmo centro no que vén exercendo a súa tarefa profesional.
Por outra banda, foi concelleira da corporación municipal do Concello de Lugo entre os anos 2019 e 2023, coordinando as áreas de Participación Cidadá e Educación.
Nunha primeira xuntanza co delegado territorial da Xunta en Lugo, Arias agradeceu o traballo da súa predecesora María José Gómez ao tempo que aproveitaron para tratar asuntos como o vindeiro inicio do curso escolar.