Unhas 800 persoas participan nas 15 actividades da XXXIII Semana Náutica que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo do 4 ao 19 de agosto
Ribadeo, 3 de agosto, 2023. Máis de 30 anos apoian a semana máis importante do ano para o porto deportivo de Porcillán: a XXXIII Semana Náutica de Ribadeo. Este evento deportivo consolidouse como unha das semanas máis relevantes do ano para Ribadeo e o Real Club Náutico, entidade organizadora, pola gran afluencia de participantes e público que atrae á vila. Esta edición, que se celebra do 4 ao 19 de agosto, conta coa participación dunhas 800 persoas nas 15 actividades que se realizan durante a súa celebración.
A XXXIII Semana Náutica é un evento cheo de actividades relacionadas co deporte e a cultura náutica, desde regatas a vela, concursos de pesca, bautismos de mergullo, a diferentes xornadas de educación ambiental, entre outras. Actividades orientadas á
participación de todos os membros da familia, desde os máis pequenos aos máis veteranos.
Dentro da XXXIII Semana Náutica de Ribadeo, cabe destacar as regatas de bote de vela, xa que desde o ano 2000 están recoñecidas como clase oficial por parte da Federación
Galega de Vela. Isto supuxo un forte impulso para este tipo de embarcacións que se utilizan exclusivamente na Ría de Ribadeo e tradicionais desta zona.
Axenda de actividades
Esta nova edición da Semana Náutica arrinca este venres 4 de agosto coa tradicional zalea a Abres, unha travesía de embarcacións de recreo entre Ribadeo e Abres na que participan unhas 100 persoas cunhas 40 embarcacións. Ademais, cóntase
con 2 regatas de Vela Lixeira, nas que participan 20 alumnos da escola de vela na categoría de optimist e 10 na categoría de vaurien. Tamén haberá 4 regatas de #Ver Cruceiro e 3 de Vela Tradicional, nas que participan unha media de 15 embarcacións en cada unha.
Ademais destas actividades, a Semana Náutica tamén conta cun concurso de pesca en embarcación fondeada, e a sección de mergullo do club realizará bautismos de mergullo para os que queiran iniciarse neste deporte.Tamén haberá actividades fose da auga,
como o taller de nós mariñeiros ou a xornada educativa sobre protección do fondo mariño