Viveiro, 10 de Agosto de 2023. Na tempada 23/24, dous equipos xuvenís conformarán as categorías inferiores do Viveiro CF, equipos que seguirán baixo a xestión directa duns pais colaboradores da entidade, que son os que se encargan do día a día en coordinación co Presidente, Luís do Río.
Equipo Xuvenil Liga Galega
Adestrador: Fran Caínzos Palmeiro, exxogador de fútbol que chegou a militar na tempada 98/99 no Celta de Vigo en Primeira División. Ademais, xogou en 2ª dúas tempadas no Ourense (96/97 e 97/98), outras dúas no Salamanca (99/00 e 01/02, unha no Tenerife (00/01); ademais xogou dúas tempadas no Compostela, unha en 2ª (02/03) e outra en 2ªB (03/04). En 2ªB tamén militou varias tempadas no Celta Turista (92/93 e 93/94) no Racing de Ferrol (94/95 e 95/96) e no Ourense (04/05 e 05/06)
Equipo Xuvenil Liga Provincial
Adestrador: Bruno Gómez Gómez, quen xa foi segundo adestrador nos equipos xuvenil e cadete do Viveiro CF nas tempadas (14/15 e 15/16); Posteriormente pasou á VDE Xove Lago onde estivo de segundo adestrador do Senior (16/17), primeiro adestrador do equipo xuvenil (17/18 e 18/19) e finalmente primeiro adestrador en 1ª autonómica do equipo senior (19/20, 20/21 e 21/22). Posúe a titulación UEFA Prol.
Adestrador de porteiros
Ayoub Atib, Porteiro do Viveiro CF por segunda tempada consecutiva, que xa se incorporou ao corpo técnico das categorías inferiores a mediados da tempada pasada, dando mostras dunha gran soltura e talento para transmitir os seus coñecementos aos novos porteiros da canteira.