Os deputados provinciais Antonio Ameijide e José María Fernández visitaron, xunto ao portavoz popular en Burela, Manuel Rouco, a vila mariñana
Mércores 16 de agosto de 2023. Os deputados provinciais Antonio Ameijide e José María Fernández estiveron en Burela co voceiro popular no municipio, Manuel Rouco, onde comprobaron como é necesaria a humanización da LU-P-1502, onde os peóns teñen que circular polo arcén ou polo carril de circulación para chegar á parada de bus que hai na vía.
O voceiro popular Antonio Ameijide sinala que son necesarias varias actuacións nesta vía, como a instalación de beirarrúas, a limpeza das cunetas ou a instalación de biondas, “actuacións todas encamiñadas a garantir a seguridade viaria”.
Os populares sinalan que a beirarrúa é necesaria para evitar que os peóns teñan que camiñar polo arcén ou invadir un dos carrís de circulación, “polo que adecuar un espazo para que as persoas camiñen con seguridade é fundamental xa que hai unha parada de autobús na vía”.
Tamén son necesarias a limpeza das cunetas para unha correcta evacuación da auga da chuvia e a colocación de biondas.