O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, lamenta que a alcaldesa de Barreiros non foi capaz de dar a cara e nin atendeu as chamadas nin recibiu ás persoas que tentaron poñerse en contacto con ela para amosar o seu malestar
O voceiro popular José Manuel Gómez Puente explica que as praias do concello están moi sucias, cheas de restos vexetais – troncos e algas principalmente –, lixo e incluso excrementos de animais que xeraron numerosas queixas. “A limpeza debería ser unha das principais preocupacións do equipo de goberno, pero vemos que non é así polo que imprescindible un dispositivo especial e urxente de aseo para garantir a salubridade das praias e dos seus usuarios”, explicou.
Incluso, veciños e turistas explican que chamaron ao concello e acudiron a el para falar en persoa coa alcaldesa e amosar o seu malestar, pero sempre tiveron como respostas escusas e non foron atendidos nin recibidos. “O mínimo que debería facer a alcaldesa é dar a cara, pero como non o fai o malestar vai en aumento”, denunciou.