“En ningún momento criticamos a existencia dos puntos violeta, criticamos o seu funcionamento”.
“Un dos nosos fins, como colectiva feminista, é vehiculizar as denuncias das compañeiras: recollimos as testemuñas, visualizamos os vídeos e as imaxes, pedimos explicacións ás persoas responsables e analizado todo o material cumprimos ca nosa obriga”.
“Os feitos son incontestables: baixo unha carpa lilá cunhas cartas de mulleres mùsicas, baleiráronse de contido as palabras feminismo, agresión sexista e violencia sexual”.
“Ca nosa denuncia pública poñemos voz ás queixas e denuncias de mulleres que se sinten frustradas e desprotexidas ante a mala praxe do punto violeta”.
“Non podemos permitir que se asuma con normalidade esa mensaxe incorrecta que distorsiona os principios do feminismo: Un punto violeta, no marco dunha romería, debe garantir unha festa libre de violencia machista”.
“E repetimos:
Precisamos os puntos lilás porque as festas e as noites non son
seguras para nós”.
“Un punto lilá debe ser un punto de infomación, sensibilización e intervención en casos de violencia sexual durante as festas”.
“Ten que ofrecer seguridade e protección para que as mozas se acheguen con confianza para denunciar ou pedir axuda ante calquera tipo de abuso, agresión sexual ou discriminación”.
“En ningún momento desprestixiamos ás persoas, como interpretou a Concelleira do noso comunicado. Son nomeadas na denuncia xa que a técnica de Igualdade, como a especialista que é, debe velar para que o espazo cumpla cun mínimo de rigor, sendo a concelleira a máxima responsable”.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade, igual que leva facendo os últimos 15 anos, manterase firme sinalando e denunciando as irregularidades, xa sexa por acción, por omisión ou por complicidade que perpetúan o MACHISMO e AS DESIGUALDADES.
“Como mulleres feministas e activistas, que traballamos creando espazos respectuosos 365 días ao ano, somos competentes para criticar e cuestionar o funcionamento dese espazo”.
“E por suposto, tendemos a man á Área de Igualdade do Concello de Ribadeo (así como aos outros concellos da Mariña Lucense), como o fixemos sempre, para construir espazos de sororidade e compromiso feminista”.
As nosas voces son importantes. Non permitiremos que nos silencien.