Ribadeo, 8 de agosto, 2023. O Observatorio da Mariña pola Igualdade denuncia a xestión irresponsable do Punto Lila da Xira: “o que debería ser un espazo seguro converteuse nun divertimento caótico baseado no alcol”.
“Está sendo un verán insoportable, só no mes de xullo 8 feminicidios no estado español.
Ante cada novo caso (unha máis na lista) sentimos a normalización do consumo de asasinatos machistas. A lóxica da barbarie: compañeiras ás que lles segan a vida e engrosan estadísticas sen que poñamos un freo de verdade”.
“Son necesarios os puntos lilas?. Por suposto: Vivimos tempos nos que se volve cuestionar a violencia de xénero sístémica que padecemos AS MULLERES polo feito de SER MULLERES”.
“Precisamos os puntos lilas porque as festas e as noites non son seguras para nós.
Non podemos quedar impasibles ante isto”.
Engaden que “un punto lila debe ser un punto de infomación, sensibilización e intervención en casos de violencia sexual durante as festas”.
“Esíxeselle rigor: ten a obriga de dar seguranza e protección para que as mozas podan denunciar ou pedir axuda ante calquera tipo de abuso, agresión sexual ou discriminación”.
“O concepto compréndese fácilmente, pode atribuirse á ignorancia o desenvolvemento do punto violeta da Xira?. Entendemos que non: é estratexia política”.
“Hai unha liña fina entre a información e a publicidade. Un punto lilá debe informar sobre un problema social de primeiro orde, cos conceptos, as imaxes e as formas apropiadas”.
“Denunciamos o blanqueamento do lecer baseado na inxesta de alcol, nunha mezcolanza de pulseiras e chapas”.
“Unha concelleira de Igualdade en silencio ante as queixas das compañeiras, unha técnica do CIM sen argumentos e unha persoa ao frente do posto que só foi capaz de articular: -la bebida ya la he bajado-”
“Esiximos explicacións a esta forma de xestionar o espazo. Non é un tema menor, non podemos permitir que se xogue desta maneira ca eliminación das desigualdades”.
“Accións como as promovidas polo Concello de Ribadeo na Xira distorsionan e desenfocan a violancia sexual contra as mulleres. E sacaranse fotos e publicarán novas sobre o éxito do punto violeta …pero cando vaiamos á realidade material e lle preguntemos a Diana, a Belén ou a Carmen elas contarannos que lles tocaron o cu e/ou as tetas sen consentimento”.
Sinalan por último desde o Observatorio “que o punto se recolleu ás 21:00 tras as queixas e reclamacións: un punto violeta que durante o día xoga cas nosas liberdades e pola noite desaparece non é unha ferramenta transformadora. (Darémoslles un dato: a maioría dos casos de acoso e agresión sexual vívense en espazos de lecer nocturno)”
“Sinalemos, persigamos e denunciemos a violencia sexual… Sra. Concelleira: o feminismo ten que estar na súa axenda…e nas nosas festas…porque queremos noites sen medos”, conclúen