Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación Xoldra de Mondoñedo na que confirmou o apoio do Goberno galego ao festival BreaSon

A Xunta xa achegou financiamento na primeira edición, celebrada o pasado mes de novembro para conmemorar o 25 aniversario da creación da asociación xuvenil. O colectivo quere darlle continuidade á iniciativa e está a traballar xa nunha segunda edición que reunirá de novo na localidade a músicos e outros artistas con actividades para todas as idades.

Exit mobile version