A alcaldesa, María Loureiro, recibiu no Concello a Paula e Marta, que se incorporarán respectivamente a Servizos Sociais e á recepción
Viveiro, 21 de agosto de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu esta mañá no Concello a dúas novas alumnas en prácticas, Paula e Marta, que se incorporaron á área de Servizos Sociais e na recepción do Concello respectivamente.
Paula e Marta realizarán as súas prácticas formativas no Concello como parte do convenio asinado polo propio Concello de Viveiro e a Asociación Síndrome de Down Lugo.
“Seguiremos traballando conxuntamente para garantir a igualdade e a inclusión para as persoas con discapacidade”, sinala a alcaldesa en referencia a este programa.