Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro conclúe unha nova edición do Campamento de Verán, unha das medidas de conciliación estival

Hoxe celebrouse a última xornada do Campamento de Verán do Concello de Viveiro deste ano, á que acudiron a alcaldesa María Loureiro e a primeira tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez

Viveiro, 31 de agosto de 2023. Conclúe unha nova edición do Campamento de Verán do Concello de Viveiro. Á súa última xornada deste ano 2023 asistiron a alcaldesa María Loureiro García e a primeira tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez García para despedir a actividade e aos nenos que participaron nela nesta segunda quincena de agosto.

María Loureiro quixo destacar “a importancia para a conciliación familiar que teñen programas como este, que cada ano acollen a un gran número de nenos e nenas de Viveiro”.

Pola súa banda, Míriam Bermúdez agradeceu ás familias “a confianza depositada un ano máis para a participación das cativas e cativos no campamento”.

Exit mobile version