Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo anima á veciñanza a doar na Unidade Móbil que está este martes a carón da antiga oficina de turismo

Ribadeo, 8 de agosto de 2023. A Unidade Móbil de Doazón está hoxe a carón da antiga oficina de turismo. Desde o Concello animan á veciñanza a acudir a esta chamada.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) percorre os municipios de Galicia, celebrando o 30 aniversario do nacemento da Axencia, e buscando a solidariedade dos veciños e veciñas de Galicia, e máis concretamente, de Ribadeo.

Ata a Unidade Móbil de Doazón se achegaron esta mañá o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras e concelleiros de Benestar Social, Cultura, Turismo, Medio Ambiente e Deportes, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz, Diego Dos Santos e Francisco José Silvent.

Desde o Concello animan “ás entidades que forman parte da vida social, deportiva e cultural de Ribadeo a achegarse á Unidade Móbil de Doazón ao longo desta xornada”.

Exit mobile version