O Concello de Foz de xeito inmediato procedeu a aplicar as medidas de corrección necesarias no proceso de potabilización, substituíndo a concesionaria Gestagua o reactivo hipoclorito de sodio por peróxido de hidróxeno, de xeito que se espera que os valores volvan aos límites permitidos nun corto período de tempo.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que a auga é apta para o resto de usos, incluído o baño e a ducha ou a limpeza en xeral: “xa adoptamos as medidas necesarias para que a auga volva aos niveis axeitados. A nosa principal preocupación é que non se produza ningún tipo de risco para a saúde por mínimo que este sexa. Pedimos desculpas polas incomodidades que isto vai producir” .