Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ten en marcha un curso de monitor de tempo libre no que participan unha decena de moz@s

Cervo, 16 de agosto, 2023. A iniciativa, que é de balde, enmárcase no programa “Avívate en Cervo VI” e está dirixida á rapazada maior de 18 anos

A rexedora, Dolores García Caramés, compartiu un anaco cos rapaces durante unha das actividades desenvolvidas na Casa da Cultura

O Concello de Cervo ten en marcha este verán un curso de monitor de tempo libre gratuíto que se enmarca no programa Avívate en Cervo VI, dirixido a rapaces maiores de 18 anos.

Caramés puxo en valor a iniciativa que ano tras ano está a ter unha gran acollida e que “contribúe a dotar aos participantes da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

O temario do curso inclúe actividades de manualidades, globoflexia, todo tipo de xogos, baile, e formación relativa á planificación de diferentes iniciativas de tempo libre.

Exit mobile version