Desde o Concello de Cervo fan un especial chamamento ao civismo para que “a todos, veciñanza e visitantes, nos quede un gran recordo desta edición da Festa da Maruxaina” cuxo día grande será o vindeiro sábado, pero que xa arrincará mañá coas actividades previas da Pre Maruxaina (Chupinazo, concentración de Maruxainos/as na Praza Nardo Martínez, degustación de empanada e bolos preñados, e nomeamento do Maruxaino/a de Honra a Cargo da asociación Amigos da Maruxaina).
Neste senso, pídese a colaboración de todos/as para contribuír a que San Cibrao amenza cunha boa imaxe o Domingo, trala Festa.
-O persoal de limpeza municipal está preparado para elo pero, entre todos, imos facilitarlle as cousas. NON TIREMOS NADA AO CHAN! Usemos o contedores e as papeleiras instaladas.
-Así mesmo, tamén se REFORZARÁ A SEGURIDADE, tanto pública como privada, para garantir o bo desenvolvemento da Festa
-Tamén, como medida de seguridade, a CIRCULACIÓN na vila estará RESTRINXIDA, para FACILITAR tamén O PASO DOS VEHÍCULOS DE EMERXENCIA, no caso de que fose necesario; con pases especiais para aquelas persoas que teñan garaxe no centro
-Tamén se instalará un POSTO ESPECÍFICO DE SEGURIDADE e un PUNTO LILA de información sobre a violencia de xénero
Entre todos/a temos que conseguir que a Festa flúa de xeito positivo e que esta edición da Maruxaina quede no noso recordo como unha das mellores,
POR UNHA DIVERSIÓN SA E RESPECTUOSA CO MEDIO E COAS PERSOAS!
POR UNHA DIVERSIÓN SA E RESPECTUOSA CO MEDIO!!!