Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, agradeceu o traballo da directiva do Ribadeo FC, que logrou reunir a máis de 1.000 persoas no Trofeo Emma Cuervo

O edil ribadense manifestou: “queremos agradecer tanto a Pedro Posada, presidente do Ribadeo FC, e a toda a súa directiva polo gran traballo feito, xa que conseguiron reunir a máis de 1.000 persoas nas bancadas do Pepe Barrera para asistir ao Trofeo Emma Cuervo”. Silvent lembrou que “o fútbol non se detén aquí no noso estadio municipal senón que este sábado ás 19 horas terá lugar o encontro entre o Pontevedra e o Racing Villalbés no que se enfrontarán para pelexar polo terceiro Trofeo Centenario”. E animou a asistir ao devandito partido: “non esquezas asistir ao noso Pepe Barrera”.

Exit mobile version