Site icon Crónica3.com A Mariña

O artista viveirense Roque B. Fanego amosa a súa obra na exposición “Lembranzas do camiño” ata o vindeiro sábado 19 na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro

Con motivo da mesma tamén compartirá a súa arte e coñecemento de xeito solidario e ao vivo cun obradoiro de debuxo ao natural, este mesmo xoves 17 de 12:00 a 13:30h nun espazo que convida ao debuxo como é o Adro da Igrexa de Santa María de Viveiro. O artista recorda que o obradoiro vai dirixido a persoas maiores dos 12 anos. Será de balde e as persoas inscritas deberán levar un Bloc de debuxo, lápices 5B e 6B,goma de borrar, afila e difumino; e quen dispoña de cabalete tamén o poderá levar para a súa comodidade.

Exit mobile version