Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, recibiron no Concello ás voluntarias que un ano máis ofreceron clases de reforzo escolar a nenas e nenos ribadenses na Casa da Xuventude

O rexedor comentou: “grazas mestras polo voso traballo desinteresado, polo voso tempo, por axudar voluntariamente a moitos/as pícaros/as a acadar os seus obxectivos académicos sempre con cariño e respecto”. Xunto a elas estiveron tamén o traballador social José Luis Gegunde e a educadora familiar Fianma Prada.

Exit mobile version