A muleña será a terceira incorporación do equipo para afrontar unha tempada con grandes retos
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, confía en que esta nova fichaxe será fundamental para afrontar o novo reto, “É unha xogadora que creceu moito no anterior equipo, o Roldán, un moi bo equipo e é unha xogadora internacional. Vai reforzar ben a defensa, vai á dar unha importante estrutura sobre todo a nivel defensivo para manter a intensidade durante todo o partido en ataque e en defensa e mesmo dar un plus potencia. Ten unha moi boa traxectoria e gran experiencia en Primeira División.
Con moita paixón e ganas chega Noelia ao equipo, interesada tamén nas condicións “Sempre me chamou a atención o sistema do club, as condicións e profesionalización das xogadoras. Ademais da súa ambición e carácter en todas as competicións que participan. Paréceme un grandísimo club”. As súas espectativas, “Aportar intensidade, garra e seguridade. Apoiar ás miñas compañeiras e transmitir boa enerxía. E como aprendizaxe, render ao meu máximo nivel, competir e gozar con todo o equipo”. Os seus obxectivos, “Mellorar, competir e axudar ao equipo para conseguir todos os obxectivos”. Deixa unha mensaxe á afección, “Que teño moitas ganas de empezar e de xogar en Vista Alegre para desfrutar coa grandísima afección que ten o club”.