Lourenzá, 7 de agosto, 2023. Sobre as catro e media desta tarde, unha muller resultaba ferida de consideración no concello lucense de Lourenzá.
A esa hora, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun coche envorcado na LU-132, quilómetro 3, en Lourenzá e cunha muller atrapada no seu interior.
De inmediato, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo formado polos servizos sanitarios de urxencia, polos Bombeiros de Barreiros, pola Garda Civil de Tráfico e polos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os membros do GES da Pontenova.
Unha vez no lugar dos feitos, os Bombeiros confirmaron que foi preciso excarcerar á vítima e única ocupante do vehículo, que foi trasladada nunha das ambulancias que o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ao punto.