Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de Cervo Concilia gozou este mércores dunha iniciativa didáctica e moi divertida da man do programa ‘Ti si que es un bo peixe’

Unha iniciativa que achegou a Consellería do Mar e que naceu co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias. As crianzas, por medio de xogos e diferentes actividades, puideron coñecer un pouco máis sobre os recursos que captura a frota galega e os beneficios que ten consumilos con frecuencia.

Exit mobile version