A Mariña, 4 de agosto, 2023. A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o próximo martes 8 de agosto. O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira:
1ª quenda: de 16 a 17 horas
2ª quenda: de 17 a 18 horas
3ª quenda: de 18 a 19 horas
O prezo da actividade é de 5€ para os socios da Asociación e 10€ para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.
As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando a quenda de preferencia, que se respectará ata o límite de 10 prazas por quenda. Cómpre incluír o nome, se é socio ou socia, e mais un teléfono de contacto.
O lugar e a quenda asignada serán comunicados por correo electrónico ás persoas anotadas, dando preferencia á solicitada na inscrición.
Para máis información e detalles sobre esta actividade, pódese contactar coa Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio a través do correo electrónico arriba indicado.
Mariña Patrimonio anima a todas as persoas interesadas en coñecer como se extraía o ouro na antigüidade a participar nesta emocionante actividade, dirixida polo xeólogo Francisco Canosa, nun lugar privilexiado como é a Finca Galea.