O rexedor manifestou: “desde o Concello de Ribadeo cremos que foron un acerto absoluto o Percebus e o Xirabus. Foi unha iniciativa que tivo éxito e que foi razoada e estudada, porque o que queriamos era dotar de seguridade e sostibilidade estas festas tan importantes para o noso concello”.
Para Dani Vega “os datos confirman o que estou a dicir, porque máis de 2.000 persoas acudiron no Percebus e no Xirabus a Rinlo e a Santa Cruz”. O alcalde anunciou que “para os anos seguintes vai seguir existindo este transporte, que foi gratuíto e público”.
Vega subliñou: “nosoutros estamos moi contentos. A mocidade e todas as persoas que empregaron este servizo de transporte así o dixeron. Pensamos que foi unha moi iniciativa e desde o Concello de Ribadeo estamos satisfeitos e seguiremos a prestar este servizo nos eventos que nos consideramos, despois dun estudo rigoroso, que debemos dotar de seguridade. Son festas que nos importan e nos interesan e debemos seguir conservando desde o punto de vista tamén da seguridade”.