O domingo dia 6, ademáis da xa consolidada degustación de marmitako, as persoas que se acheguen á festa poderan degustar unha tosta golosa, consistente nunha base de pan de bola do pais, ventresca de bonito asada e pemento de piquillo de elaboración artesana. Un exquisito bocado do que se prepararán 350 racións ao prezo de 5 euros.