Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Pintura en Cervo

O martes, 8 de agosto, inaugúrase ás 19h unha nova mostra na sala das Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Unha exposición de Pintura baixo o título “Muller e poder en Roma”, de Alfredo Erias Martínez, composta por 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo). Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego e foi director do Museo das Mariñas de Betanzos entre 1984 e 2022.

Exit mobile version