O evento terá lugar este sábado 19 de agosto no atrio da igrexa de Landrove ás 21:00, e estará amenizado polo Dúo Sonidos
Viveiro, 17 de agosto de 2023. O concello de Viveiro acolle este sábado 19 de agosto unha nova edición da Festa da Paella de Landrove, a sexta da súa traxectoria.
O evento está organizado, unha vez máis, pola Asociación Cultural e Deportiva Pequenos Pasos de Landrove, coa colaboración do Concello.
Terá lugar ás 21:00 do sábado no atrio da igrexa de Landrove, e contará con animación a cargo do Dúo Sonidos.