Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes celebrarase pleno extraordinario en Ribadeo no que se aprobará unha modificación orzamentaria así coma os festivos locais para 2024

Ribadeo, 21 de agosto de 2023. Mañá celebrarase pleno extraordinario no Concello de Ribadeo. Na sesión será aprobada unha modificación orzamentaria así coma os festivos locais para 2024, que serán o Martes de Entroido e o día de San Roque. Ademais serán nomeados os representantes municipais na asociación Terras de Miranda e no Galp A Mariña-Ortegal.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “imos celebrar un pleno extraordinario con varios puntos na orde do día. Aprobaremos unha modificación orzamentaria para seguir investindo tanto na vila como nas parroquias. Tamén imos aprobar elixir representantes tanto en Terras de Miranda como no GALP”.

O rexedor contou que “imos aprobar os festivos locais. O 13 de febreiro vai quedar establecido como festivo local, que é o Martes de Carnaval e o 16 de agosto, que é o Día San Roque. Por último, imos aprobar a concesión da ocupación dentro dese espazo marítimo terrestre do emisario”.

Para Vega “son todos puntos importantes, puntos para seguir crecendo todos como Concello e seguir investindo e xestionando a favor de Ribadeo”.

Exit mobile version