Foz, 3 de agosto, 2023. Na Espiñeira, Vilaronte, Foz seguen os veciños pagando as consecuencias da “nula preocupación da Deputación Provincial de Lugo, en especial do responsable de vías e obras, ven sexa pola súa incompetencia ou por algunha intención sen nome, ata que os camións derriben as casas próximas á estrada LU-P-2002 o que suporía unha solución a unha situación insostible dende fai moito tempo”.
Cada vez os danos son de maior gravidade, debido a que cada vez os camións son de maior tonelaxe e dimensións e non teñen ningunha condición ou sinalización para o seu paso por unha curva en ángulo recto de moito máis dun século e feita para turismos.
“A responsabilidade de esta situación é exclusiva do organismo titular do vial neste caso a Deputación, e si non toma conciencia no problema que a diario se presenta, incluso con risco para peons dada a cantidade de peregrinos que fan o Camiño de San Rosendo, pasado precisamente por este tramo de estrada, deixa moi claro o desprezo que fai das vivendas dos veciños de Foz, das persoas, da seguridade viaria e só demostra a súa incompetencia para a xestión pública”, apuntan os veciños.
A día de hoxe faise necesario que ese tramo sexa limitado tanto en tonelaxe como en lonxitude dos vehículos que pasen por ela.