Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida e homenaxe da Asociación A Concordia

Ribadeo, 11 de agosto, 2023. O pasado 30 de xullo celebrouse a comida de confraternidade da Asociación A Concordia despois de 3 anos de paro forzoso debido á pandemia e á imposibilidade de conseguir un local onde celebralo o verán pasado. Por fin este ano púidose levar a cabo no Restaurante Araucaria, un lugar espectacular, cun tempo estupendo e unha compañía sumamente agradable.

Houbo un primeiro encontro con aperitivos baixo a sombra dunha magnífica palmeira; despois, comida e sobremesa, momento no que se homenaxeou, nomeando e entregando senllas placas conmemorativas, aos que foron presidente e secretario da Concordia durante 16 anos, respectivamente: Pepe Fernández da Costa como Presidente de Honra e Chemi Lombardero como Socio de Mérito.

Aos cafés, Maíca López de Prado, actual presidenta da asociación, agradeceu en nome de todos os socios o bo labor desenvolvido por Pepe e Chemi. E chegaron os chupitos: brinde, cantos e charlas amenas cheas de anécdotas selaron este acto entrañable.

Exit mobile version