Mércores 16 de agosto: ás 20:00 horas. Inauguración da Exposición 40 Aniversario de Saíñas na Sala de Exposicións do Centro Cívico, coa que a Asociación celebra por todo o alto estes intensos 40 anos de actividade, mostrando un pouco da súa historia a través de fotos e un fermosísimo vestiario. Os horarios de apertura ao público son os seguintes:-Días venres 18, sábado 19 e domingo 20 de agosto: Pola mañá de 12:00 a 14:30 h. Pola tarde-noite: de 19:00 a 23:00 h.-Do luns 21 de agosto ao domingo 3 de setembro (ambos incluídos): Pola tarde de 17:00 a 21:00 h.
Ás 22:00 horas na Praza do Centro Cívico. Proxección da película “O que arde” do director Óliver Laxe. A película desenvólvese no medio rural galego e na mesma participan numerosos actores non profesionais da Serra dos Ancares. A película aborda a desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios. Proxectarase na Praza, ao aire libre, se o tempo o permite. Se chovese ou fixese moito vento, pasaríase ao Pavillón. A proxección está dentro do Programa Falaredes pertencente á Rede de Dinamización Lingúística (Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia). A entrada é libre e gratuita.